viernes, 19 de diciembre de 2014
miércoles, 10 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
QUENTANDO A VOZ
Hoxe estivemos afinando un pouco para preparar a nosa panxoliña...Mirade como quentamos as gorxas! Jajaja
O pobre Thiago e Marcos quedaron cortados... nas próximas tomas que fagamos intentaremos saír enteiros!
O pobre Thiago e Marcos quedaron cortados... nas próximas tomas que fagamos intentaremos saír enteiros!
martes, 2 de diciembre de 2014
viernes, 28 de noviembre de 2014
CHEGA O NADAL Á EEI O GRUPO CON MOITA MARCHA!
(PREME NAS IMAXES PARA VER OS VIDEOS)
Fíxate na parte inferior do video, pódelo ver en tamaño completo
OS PROFES TAMÉN MOVEMOS O CORPO!!
martes, 25 de noviembre de 2014
DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO!
Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero, O Concello de Marín puxo en marcha a campaña das "mans violetas". Contáronnos un contiño basado na temática e déronnos material para empregar neste día.
Feitas as nosas mans...
Na EEI O GRUPO berramos NON A VIOLENCIA!!
Etiquetas:
CURSO 2014-2015,
DIA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO
lunes, 24 de noviembre de 2014
POLA COEDUCACIÓN E IGUALDADE!!
Mañán día 25 é o día internacional da non violencia de xénero. En conmemoración disto deixamos publicados dous videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.
Tamén vos deixamos as cancións que cantaremos por e para a coeducación e pola igualdade de xénero.
martes, 18 de noviembre de 2014
Hoxe faltaron moitos compañeiros que están maliños...Queremos mandarvos biquiños para que melloredes. Estas primeiras gripes do ano hai que coidalas moito!
Esta semana comezamos unha nova aventura. Dende a nosa biblioteca " A charca de Catuxiña", puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras", cargadas de contos e recursos cheos de historias máxicas coas que gozar da lectura en familia. A mochila viaxará polas casas do alumnado. Cada semana levaraa un neno, tendo 7 días para gozar do seu contido e plasmar as súas experiencias na libreta de recordos coa axuda dos familiares. Podedes facer un debuxo, escribir cousas, pegar fotos...
Desexamos que vos guste a experiencia e coidedes o material.
A primeira en levar a mochila é Uxi. O próximo Martes traeraa de volta e levaraa o seguinte na lista.
lunes, 17 de noviembre de 2014
viernes, 14 de noviembre de 2014
jueves, 13 de noviembre de 2014
TIVEMOS VISITA!!
Hoxe visitounos a profe Ana. Fai uns meses foi mamá, e como sabe que nós estamos a investigar sobre o tema dos bebés presentounos ó seu pequeno Víctor. Pareceunos guapísimo! e como tiña sono cantámoslle unha cancionciña...
Foi un día xenial! e mañán máis que toca MAGOSTO!
Foi un día xenial! e mañán máis que toca MAGOSTO!
martes, 11 de noviembre de 2014
miércoles, 5 de noviembre de 2014
jueves, 30 de octubre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)